Sábado 21, Ligas Benxamín e Alevín en Santiago

No  serán deste sábado día 21, desputaranse nas piscinas de Santa Isabel de Santiago, a 1ª Xornada da Liga Benxamín e a 2ª Xornada da Liga Alevín de natación.
Na categoría Benxamín, o Clube natación Arzúa despraza a Compostela sete nadadoras:
AROA SEGADE, IRIA ALONSO, ANDRÉA RÚA, AROA OTERO e SOFÍA ABBOTT que nadarán os 50 libres, LAURA CENDAL nos 100 libres e CARLA CARRÓN nos 100 libre e 50 braza.
e catro nadadores:
HUGO MERA, MARIO GÓMEZ, MANUEL ALAMANCOS e ANXO MECÍAS que nadarán os 50 libres.
Tamén teremos representación nas probas de relevos 4x50 costas feminino e masculino e 6x50 costas mixto.
Xa na categoría Alevín, serán dúas nenas:
ANDRÉA PETEIRO e ANTÍA VÁZQUEZ, que nadarán os 50 braza e 200 libres
e dous nenos:
ÁLEX MARTÍNEZ, que nadará 50 braza e 200 libres, e XIÁN SENÍN que estará nos 200 libres e nos 100 estilos.