Campionato Galego Infantil de verán

Organizado polo Clube Natación Pabellón de Ourense, este fin de semana vaise celebrar na piscina "Rosario Dueñas" do pabellón de "Os Remedios" o Campionato Galego Infantil de verán.
Participan un total de 192 nadadores de 24 clubes, en dous días de competición que comezarán ás 10 a sesión matinal e ás 17 a de tarde.
Xunto co noso adestrador, Héctor, desprazaranse á cidade das Burgas os seguintes nadadores:
LORENA PEREIRO que nadará as probas de 50 e 200 libres, 100 braza.
IRIS SANMIGUEL, 50 e 100 libres, 100 costas.
ALFONSO ANDRADE, 100 e 200 costas, 400 libres.
MANUEL SEGADE, 100 e 200 bolboreta, 100 libres.
RAÚL SEGADE, 100 e 200 costas, 100 libres.
JOSÉ MANUEL ESTRADAS, 50 e 100 libres.
Nadaranse tamén os relevos da categoría masculina:
4x100 libres
4x100 estilos
Podes seguila competición na web oficial.