Campionato de España Xunior e Absoluto de Verán

Entre os días 8 e 12 de xullo, as piscines Picornell de Barcelona acollerán o CIII Campionato de España Absoluto de Verán P50 Open e o XXXVII Campionato de España Xúnior de Verán P50 sobre 10 calles e cunha fórmula mixta de eliminatorias e finais, e contrarreloxo no caso dos 800 e 1.500 libres e relevos.
Un evento, previo ó Mundial Absoluto de Kazan, cunhas cifras espectaculares: 212 clubes, 418 nadadores absolutos e 518 nadadores Xuniors para un total de 936.
Dous campionatos de España nun: Absoluto e Xúnior.
O primeiro vai contar coas grandes figuras internacionais xa clasificadas para o Mundial que, tras os seus stages en Sierra Nevada e México, baixan ás Picornell de Barcelona para competir nun evento-test a menos de tres semanas dos Campionatos do Mundo de Kazan 2015.
CN Sant Andreu, Real Canoe NC e Mairena del Aljarafe son os clubes que máis nadadores absolutos aportan, con 19 cada un.
No caso dos nadadores xuniors, o Real Canoe NC aporta 23 nadadores, por 15 o CN Madrid Moscardó, e 14 o CN Sabadell e o Navial. Tamén será unha boa oportunidade para ver en acción ós nadadores destas idades, tendo en conta que do 24 ó 30 de agosto se disputará o Campionato do Mundo da categoría en Singapur.
O campionato comeza o mércores 8 a partires das 17,00 horas cos 1.500 metros libres aboluto/xunior na modalidade contrarreloxo.
O resto de días, tódalas xornadas matinais de eliminatorias comezarán ás 9,30 horas e finalizarán entre as 13 e as 14 horas en función do calendario de probas; mentres que as tardes comezarán ás 17 horas -a excepción do domingo que arrincará ás 16,30 horas- e finalizarán entre as 19,30 e as 20 horas
Para esta ocasión, o Clube Natación Arzúa despraza á Cidade Condal a dous nadadores:
Xosé Ramón Rey, que nadará a proba de 50 m. braza.
E Gaspar Andrade, que desputará as probas de 1500 m. libres, 400 m. estilos, 200 m. libres, 800 m. libres e 400 m. libres.
Mércores:
Pola tarde será a proba de 1500 libres onde Gaspar nadará na final 5 pola calle 2
Xoves:
Gaspar nada pola mañá as preliminares dos 400 estilos na serie 4 pola calle 6
Pola tarde as finais para os clasificados.
Venres:
Turno para as preliminares dos 200 libres, nas que Gaspar estará na calle 0 sa serie 7, mentres que Xosé Ramón nadará na calle 0 da serie 3 dos 50 braza
Pola tarde, ademáis das finais para os clasificados, Gaspar tamén nadará as finais dos 800 na final 3 pola calle 4.
Sábado:
Descansarán os arzuáns
E xa o domingo:
Pola mañá será o turno dos 400 libres tamén para Gaspar que irá pola calle 0 da serie 6.
Pola tarde as finais para os clasificados.
Para ver os horarios e resultados pódese consultar a páxina da rfen.