Campionato Galego Máster de Verán

Perto de trescentos nadadores e nadadoras de dezaoito clubes galegos, vanse dar cita este domingo nas piscinas do Complexo Rías Baixas de Pontevedra para a desputa dos Campionatos Galegos Máster de Verán de natación.
O Clube Natación Arzúa despraza as terras do Lérez unha expedición composta por cinco nadadoras e catro nadadores que competirán nas seguintes probas:
Teresa Amenal en 50 costas e 100 libres
Natalia Sánchez en 50 e 100 libres
Ana Marcos en 100 libres e 50 braza
Sandra Lavandeira en 50 e 100 libres
Ana María García en 100 libres e 50 braza
David Canoura en 200 e 50 braza
Santiago Fernández en 50 bolboreta e 100 costas
Manuel Villar en 50 e 100 libres
e José Manuel Alamancos en 50 e 100 costas.
Toda a información do campionato na súa web.