Campionato Galego de Natación Absoluto Open e Xunior de verán en Pontevedra

As piscinas do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra albergarán entre hoxe 26 e o domingo 28 o Campionato Galego de Natación Absoluto Open e Xunior de verán.
Coma nos últimos anos, o Clube Natación Arzúa terá representación que, este ano, estará formada por unha nadadora:
IRIS SANMIGUEL
Que nadará os 100m Costas, 50m Costas e 200m Costas
e oito nadadores
DAVID PAMPÍN
En 200m Estilos, 200m Braza, 50m Braza e 100m Braza
HÉCTOR GARCÍA
Nos 50m Bolboreta e 50m Braza
RAÚL SEGADE
Que competirá nos 200m Estilos, 100m Costas, 50m Costas e 200m Costas
GASPAR ANDRADE
Que desputará os 400m Libre, 800m Libre, 1500m Libre e 400m Estilos
ALFONSO ANDRADE
Nos 400m Libre, 100m Costas e 200m Costas
BRAIS SENÍN
En 100m Bolboreta, 50m Libre e 50m Bolboreta
e JOSÉ RAMÓN REY
Que o tentará nos 50m Libre, 50m Braza e 100m Braza
Tamén teremos representación nos relevos, para o que tamén botará unha man MANUEL SEGADE.
Podedes consultalo descorrer do campionato na súa web oficial.