Sábado 16 no Trofeo Marisma de Redondela

O vindeiro sábado día 16 de maio terá lugar na Piscina Municipal de Redondela o I Trofeo Marisma de Redondela coa participación de 12 clubes de natación e mais de 250 nadadores.
A competición terá dúas sesións, unha de mañá, que comezará ás 10:30 e outra de tarde a partir das 5.
Contarase para a entrega de medallas na sesión de tarde co medallista paralímpico CHANO RODRÍGUEZ.
Polo Clube Natación Arzúa estarán seis nadadoras:
Andrea Rúa en 50 libres e 50 braza
Carla Carrón en 50 bolboreta e 50 braza
Alba Senín en 100 costas e 100 braza
Iris Sanmiguel en 100 libres e 100 costas
Lorena Pereiro nos 100 libres e 100 braza
e Uxía Orois en 10 libres
E dez nadadores:
Manuel Segade en 100 libres e 100 bolboreta
José Manuel Estradas en 100 libres e 100 braza
José Ramón Rey en 100 libres e 100 braza
David Pampín en 100 costas e 100 braza
Brais Senín en 100 costas e 100 bolboreta
Alfonso Andrade en 100 costas e 100 braza
Raúl Segade en 100 costas e 100 bolboreta
Manuel Alamancos nos 50 costas e 50 braza
Álex Martínez nos 100 costas e 100 bolboreta
e Rubén Veiga nos 100 libres
Ademáis o clube terá tamén representación nos relevos, tanto feminino coma masculino, de 4x50 libres de pola mañá e nos 4x100 estilos pola tarde.
A expedición arzuana partirá en autobús de diante da piscina climatizada de Arzúa sobre as 7:45 da mañá.