Resultados do I Trofeo Marisma de Redondela

Este pasado sábado tivo lugar na Piscina Municipal de Redondela o I Trofeo Marisma de Redondela coa participación de 12 clubes de natación e mais de 250 nadadores.
A pesar da dificultade, o Clube natación Arzúa acabou nun xenial terceiro posto na xeral e voltou cun bo feixe de medallas, mínimas e melloras de tempos.
Así, o botín de quince medallas (dous bronces, cinco pratas e oito ouros) reparteuse do seguinte xeito:
José Ramón Rey foi Bronce en 100 braza e levou o premio á terceira mellor marca FINA do torneo.
Manuel Segade, prata en 100 libres e outo en 100 bolboreta
Manuel Alamancos, bronce en 50 costas
Raúl Segade, ouro en 100 costas e prata en 100 bolboreta
Alfonso Andrade, prata en 100 costas e ouro en 100 braza
Carla Carrón, prata en 50 bolboreta e ouro en 50 braza
Brais Senín, ouro en 100 bolboreta
Andrea Rúa, prata en 50 braza
Lorena Pereiro, ouro en 100 braza
Xa nos relevos, o feminino 4x100 estilos, formado por Iris Sanmiguel, Carla Carrón, Uxía Orois e Alba Senín estilos, acadou o cuarto posto.
Medalla de ouro para o relevo masculino 4x50 libres que formaban Raúl Segade, José Ramón Rey, Manuel Segade e Álex Martínez.
E tamén medalla de ouro para o relevo masculino 4x100 composto por Alfonso Andrade, David Pampín, Brais Senín e Rubén Veiga.