José Ramón subcampión de España Universitario

Do 4 ó 6 de Maio, viñéronse desputando en Murcia os Campionatos de España Universitarios.
No que se refire á natación, representando á Universidade de Vigo, estivo o nadador do Clube Natación Arzúa, José Ramón Rey.
José Ramón nadou o primeiro día os 100 m. braza nos que acadou o oitavo posto cun tempo de 1:09.09.
Xa o terceiro día, José Ramón acadou a medalla de Prata e por tanto o título de Subcampión de España Universitario na súa proba predilecta, os 50 m. braza, nunha chegada moi apretada e gracias a un tempo de 30.00 co que tamén logrou a mínima para os Campionatos de España Absolutos.
Podedes consultalos resultados do campionato máis polo miúdo na súa web oficial.