XXXV Trofeo Internacional Memorial Juan Varela

Dezanove clubs de Ferrol, outros municipios de Galicia, e Portugal competirán neste evento que se disputará en horario de mañá e tarde na piscina de Batallones
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou onte martes o XXXV Trofeo Internacional Memorial Juan Varela e XVIII Cidade de Ferrol de Natación, que se disputará o vindeiro sábado, día 25, en horario de mañá e tarde na piscina de Batallones, no barrio de Esteiro.
A edil ferrolá estivo acompañado no acto polo presidente e o director técnico do Club Marina Ferrol, Fernando Bustabad e Silvano González, respectivamente.
O Marina Ferrol é a entidade organizadora desta proba, todo un clásico dentro do calendario de eventos de Natación que teñen lugar en Galicia.
Martínez Galdós destacou que o Memorial Juan Varela “é un trofeo dos máis prestixiosos da nosa Comunidade Autónoma e de fóra dela”; e lembrou que ten a súa orixe no ano 1980 para recordar ao nadador do Club Marina Ferrol que da nome ao trofeo e que faleceu o ano anterior nun accidente de tráfico.
No que atinxe á edición deste ano, participarán 19 clubs entre os que destacan un dos mellores clubs portugueses, o CF Vilacondense.
En total, estarán o sábado presentes nas instalacións deportivas 339 nadadores/as -162 homes e 177 mulleres-, non podendo dar cabida a máis por problemas de tempo en canto ao desenvolvemento do Memorial e de espazo.
Polo Clube Natación Arzúa, para esta competición irán convocados:
David Pampín = 50, 100 e 200 braza
Manuel Segade = 50 e 100 bolboreta
Raul Segade = 50 costas
Gaspar Andrade = 200 braza, 100 libres e 200 estilos
Alfonso Andrade = 100 e 200 braza
Brais Senín = 100 costas e 50 e 100 bolboreta
José Ramón Rey = 50 libres e 50 e 100 braza
i Héctor García = 50 braza e 50 bolboreta