4ª Xornada Máster en Lugo

Este vindeiro domingo día 19, vaise celebrar en Lugo, organizado polo Clube Natación Portamiñá, a cuarta xornada da Liga Máster de Natación.
En representación do Clube Natación Arzúa estarán sete nadadoras:
Marisa Gil, Natalia Sánchez, Sandra Lavandeira, Mª Teresa Diéguez, Ana Mª García e Ana Marcos que nadarán os 50 braza e 100 libres e Ana Mª Mato que estará en 50 braza e 50 bolboreta.
e catro nadadores:
José Marcelino Alamancos, Manuel Villar e José Manuel Alamancos que participarán nas probas de 50 braza e 100 libres.
Tamén teremos representación nos relevos 4x50 libres mixto.