Campionato Absoluto de Natación Open de Primavera en Málaga

Dende este sábado 28 e ata o vindeiro martes 31 vaise desputar no Centro acuático de Málaga (Inacua) a XVI edición do Campionato Absoluto de Natación "Open España de Primavera".
Este Campeonato de España Absoluto OPEN de primavera é o evento nacional de máximo nivel en piscina de 50 metros da tempada.
Nesta edición terá unha especial relevancia ó ser a Competición nas que os nadadores deberán refrendar as marcas mínimas establecidas pola dirección técnica para poder asistir co equipo nacional o Campinato do Mundo de Kazan (Rusia) do 2 ó 9 de agosto e co equipo nacional Júnior para o Campionato do Mundo Júnior que se celebrará en Singapur do 1 ó 6 de setembro.
Como segundo aliciente, o Campionato é OPEN, e polo seu carácter aberto, xunto coas datas nas que se celebra e na cidade que o acolle, supón que sexa considerado a nivel Internacional como un importante evento de preparación, polo que se podrán ver ós mejores nadadores europeos.
Así, na cidade andaluza daranse cita mais de cincocentos nadadores de 183 clubes de nacionalidades tan diversas como Italia, Portugal, Bolivia, Singapur, Suiza, Israel ou Bielorusia.
Coma nos últmos anos, o Clube Natación Arzúa tamén terá representación, nesta ocasión estaremos todos pendentes do que faga Gaspar Andrade.
Gaspar nadará:
o sábado 28 os 1500 libres
o luns 30 tocaralle a quenda ós 800 libres
e o martes 31 despedirase da competición ca desputa dos 400 libres.
As finais poderán seguirse en directo pola canle de televisión Teledeporte, aquí.
Podes ver todos os datos e desenrolo da competición na súa web oficial aquí.